De buscar superviventes a ampliar os cemiterios
Os venezolanos abandonan as esperanzas de novos milagres baixo os cascallos
A cifra de mortos supera os 3.300, con case 17.000 feridos
Desde hai dez días habilitan un novo anexo no cemiterio da Esperanza, na Guaira. Son as tumbas que agardan os falecidos sen identificar polo dobre terremoto. Aquí soterraron xa 150 corpos e agardan moitos máis."A capacidade é de máis de 2.000 corpos os que poden ser sepultados neste lugar", conta o líder comunitario de Catia La Mar.
Cada tumba ten un código, o mesmo que figura na base de datos creada polo Goberno con fotos e outros datos de cada un destes corpos sen nome: a idea é facilitar que no futuro os seus familiares poidan reclamar os restos.
Dce días despos, dos cascallos da zona cero xa só emerxen cadáveres: case ninguén espera xa novos milagres."As esperanzas xa se manteñen un pouco baixas", resígnase unha veciña. "Agora quédanos traballar para brindarlles un pouco de alivio ás familias que estiveron esperando aos seus seres queridos e que só queren darlles a derradeira despedida", eplica un rescatista.
Na Guaira, os damificados recuperan o que poden de fogares agora inservibles, para 17.000 persoas substituidos por unha tenda de campaña.