As igrexas, entre os espazos da cidade onde aliviarse da calor
Os templos súmanse ás bibliotecas, cines ou museos como refuxios climáticos
Un templo, ademais de elevado, pode ser simplemente alto.
"Os muros, os deseños, os teitos moi altos manteñen a temperatura fresca", sinala unha turista andaluza
Nos días así agradécese un pouco máis o acubillo da sombra. As igrexas, como refuxios climáticos.
"É o primeiro que lle dixen ao meu home: Ímonos meter aquí e aquí quedamos ata que saia o autocar", apunta outra visitante
Pensar dentro, pensar fóra.
"Dentro moito mellor", resume unha madrileña
Tal é así que non sorprende ver dúbidas á hora de volver pisar a rúa, de tan chea de calor.
"Na catedral hai unha temperatura inmellorable, estábase moi ben", di outro turista do Sur
Vén sendo entrar e ir atopando certo alivio.
"Por exemplo, o outro día en Braga ía aos templos case para me refrescar. Pero non é o caso de hoxe"
Mesmo había manga longa na catedral, e un silencio fresco en San Francisco.
"Estase en paz. Estase ben. Estase a gusto"
"E agora, coa calor, mellor aínda"
"Estase ben dentro? Si. Pero non se entra por iso. Se non, estaría a igrexa chea!"
Co termómetro na cabeza ou non, é unha arquitectura do recollemento.