Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os bombeiros galegos que participaron nos operativos en Venezuela chegan a casa

Os bombeiros galegos que participaron nos operativos en Venezuela chegan a casa

Traballaron en labores de rescate na Guaira, apoiados por cans de busca

G24.gal 05/07/2026 21:08 Última actualización 05/07/2026 21:36

As apertas agarimosas dos compañeiros recibíronos en Ferrol despois de oito días moi lonxe desta realidade amable e de catro días de traballo esgotador nun escenario catastrófico e practicamente inabordable.

 "A zona afectada era grandísima. A situación era de caos e moitas veces non sabías a que atender. Iamos avisados, pero o que atopas alí desbórdache". 

Viaxaron baixo a coordinación da dirección xeral de Protección Civil. Organizados na Guaira nunha unidade de rescate integrada por seis bombeiros galegos e tres guías con cans de busca asumiron, cinco días despois dos terremotos, unha misión contrarreloxo: localizar superviventes baixo a destrución.

"No caso de que os cans marcasen algo no edificio no que traballabamos, a nosa tarefa consistía en buscar o acceso para eles e avisar inmediatamente os equipos con máis material para concentrar os esforzos nun sitio onde haxa unha persoa con vida".

Finalmente non sucedeu. David, un dos se dous bombeiros do parque da Coruña desprazados a Venezuela coa ONG Briegal lidia coa sensación de que regresaron deixando cousas por facer e trata de procesar unha experiencia da que tamén rescata aspectos positivos.

"Falamos com moita xente e todos mostraba agradecemento de que estiveses botando unha man e que compartises con eles esa dor. Con iso quedamos, coas múltiples mostras de gratitude da xente que estaba alí".

Agora é o momento de descansar corpo e mente, antes de volver á rutina.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade