Publicador de contidos

Publicador de contidos

Abandonan a busca da familia de Marín atrapada no terremoto de Venezuela

Abandonan a busca da familia de Marín atrapada no terremoto de Venezuela

Tras nove días do dobre sismo, apáganse as esperanzas de atopar máis superviventes

A presidenta interina defende a súa xestión, fronte ás críticas de moitos damnificados

Antón Montero 03/07/2026 20:25 Última actualización 03/07/2026 20:41

Un equipo de rescatistas españois detecta sinais de vida baixo os cascallos. "Silencio total! Imos, si hai, si hai!". Pero a esperanza pronto desemboca en frustración. "Escoitábase un pequeno retorno, pero pode ser confundido con calquera cousa. A cadela non marcou", explica resignado un dos especialistas.

Nove días despois, a repetición de milagres como o vivido este xoves con Hernán Gil semellan imposibles. O máis parecido é o caso de Fabio, un neno de 9 anos sepultado baixo 6 metros de cascallos en Caraballeda e de quen detectaron sinais de vida. Onde xa non hai esperanzas é no edificio onde quedou sepultada a familia de Marín. Alí, os rescatistas xa deixaron paso á maquinaria pesada.

 A presidenta do país compareceu por primeira vez para defender a actuación do executivo, Delcy Rodríguez sostén que "inmediatamente se activou o estado venezolano no seu conxunto".

Pero desde o terreo sucédense as queixas por falta de medios. "Ese servizo de guindastre estámolo pagando nós do noso peto. Estanme cobrando novecentos euros por oito horas", explica un dos afectados.

A Guaira converteuse nun gran campamento de desprazados para dar acubillo ás case 13.000 persoas que o perderon todo, segundo datos do Goberno venezolano. 9 días despois da catástrofe Venezuela segue dependendo da solidariedade internacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade