Cargando resultados...
Evacúan en helicóptero un home que rescataron inconsciente do mar en Cangas
O suceso ocorreu na praia de Viñó
Imaxe de arquivo do helicóptero medicalizado do 061
G24.gal
03/07/2026 19:37
Un home foi evacuado en helicóptero ao hospital despois de ser rescatado da auga en Cangas en estado inconsciente. Segundo informa o 112 Galicia, a vítima entrou en parada cardiorrespiratoria e practicáronselle as manobras de reanimación sobre a area.
A Central de Atención ás Emerxencias de Galicia tivo constancia do suceso a través dun particular que se atopaba no areal de Viñó.
Neste operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazou ao lugar o seu helicóptero medicalizado con base en Santiago; a Garda Civil, Protección Civil e a Policía Local de Cangas.