Publicador de contidos

Publicador de contidos

Por fin, mir en urxencioloxía

Por fin, mir en urxencioloxía

Haberá 82 prazas da especialidade de medicina de urxencias en toda España, 6 delas para Galicia

G24.gal 14/04/2026 14:44

Os servizos de urxencias das diferentes áreas sanitarias galegas están listos para recibir en mes e medio os que van ser os primeiros mir da especialidade. Os novos urxenciólogos residentes aprenderán os segredos da que se considera a rama máis vocacional da Medicina.

Nela, máis ca en ningunha outra, o factor tempo é esencial para salvar vidas.

"A medicina de urxencias abrangue os dez minutos máis bonitos de todas as especialidades. A nosa fase é a máis aguda o paciente e a máis tempo dependente e nós temos que saber manexala", di Plácido Mayán, o coordinador do Servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

Recoñecida en 2024 como especialidade, despois de moitos anos de reivindicación, a urxencioloxía terá este ano os seus primeiros mir. Terán catro anos de formación, con rotacións programadas para unha especialidade que o abarca todo.

" Somos especialistas no que é tempo dependente. É un grande abano de competencias", explica Iria Miguéns, médica de urxencias do CHUS.

"Vai desde a enfermidade banal en fase aguda a todos os códigos: ictus, infartos", engade Plácido Mayán.

Agora son 500 especialistas recoñecidos dos hospitais galegos, que están xa preparados para recibir os residentes.

É un momento histórico e tamén o recoñecemento o noso labor, din. E asúmeno con Ilusión "porque é un comezo", aínda que din que 82 prazas en total, 6 para Galicia, son moi escasas. Esperan que as vindeiras convocatorias vaian aumentando prazas para garantir a remuda xeracional. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade