Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vigo implanta un modelo de triaxe para fixar a orde de atención dos pacientes en función de gravidade

Vigo implanta un modelo de triaxe para fixar a orde de atención dos pacientes en función de gravidade

Se os resultados se consolidan o modelo podería estenderse a outros PAC de Galicia

O sistema comezou en fase de probas no PAC da viguesa rúa Pizarro (TVG)
G24.gal 08/09/2026 15:33

A área sanitaria de Vigo é a primeira de Galicia en implantar un sistema de clasificación de doentes que ata o de agora so se empregaba nas urxencias. Permite atender os pacientes en función da gravidade.

No PAC da rúa Pizarro, en Vigo, non sempre pasa quen chega primeiro. A implantación do sistema de triaxe Manchester, en fase de proba, clasifica os pacientes segundo a gravidade do seu estado para dar prioridade a quen máis o necesitan. 

" Pos unha serie de datos e valoras o que son os síntomas e os signos do paciente, e con iso marcamos unha prioridade, que marca a propia triaxe Manchester. e despois, desde dentro, o paciente volve esperar na sala, e o médico ve que paciente está esperando, cal é a súa prioridade" explica Monserrat Correa, Supervisora da área funcional de procesos urxentes

Este centro foi elixido para realizar a proba pola súa presión asistencial con xornadas que superan as 400 consultas. Despois dun mes en funcionamento a valoración por parte dos sanitarios e pacientes está a ser moi positiva. 

"O tempo de espera en Urxencias é grande, eu creo que hai que darlle prioridade á xente que está grave" di unha usuaria.

"Esperar. Se hai un con gravidade primeiro hai que esperar. É así", di outra.

"Evidentemente, se ven unha persoa cunha doenza moito máis grave, eu mesma diría que pasase antes", asegura unha pacente.

O sistema clasifica os usuarios en cinco niveles de prioridade identificados mediante cores que indican que paciente ten que ser atendido antes. 

"A valoración é boa porque saben exactamente que pacientes están fóra, e así poder atender antes unha dor torácica que... pois un esguince" explica Monserrat Correa.

Se os resultados se consolidan o modelo podería estenderse a outros PAC de Galicia. 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade