Como recuperar un dente tras un golpe
A rotura de dentes en nenos é unha das urxencias odontolóxicas máis frecuentes
Se o dente rompeu, hai que collelo pola coroa, metelo en leite e ir ao dentista
As probabilidades de éxito serán maiores se acoden ao profesional en menos dunha hora
Calquera persoa pode sufrir un golpe ou unha caída e iso repercutir nun problema odontolóxico que, por certo, é bastante común en cativos entre 7 e 10 anos de idade.
Tras as vacacións de Nadal, os nenos volven ao colexio e aos adestramentos. Precisamente xogando ou facendo deporte é cando teñen máis risco de levar un golpe e partir ou perder un dente. Pola súa situación na parte frontal da boca, os incisivos centrais superiores (comunmente chamados 'paletas') adoitan ser os que máis rompen.
O doutor David Suárez Quintanilla, catedrático de Ortodoncia da USC distínguense varios tipos: rotura da coroa, fractura da raíz, luxación e avulsión.
Cando o dente cae ao chan, o protocolo de actuación é moi sinxelo. Hoxe Adrián aprende o que tería que facer se por exemplo lle acontece iso xogando no recreo. O doutor Quintanilla explícalle que ten que coller o dente, metelo en leite e acudir canto antes ao odontólogo para que proceda a súa colocación.
Despois de apertar o dente para que volva ao seu sitio, a implantación asegurarase cunha férula. Tamén é importante saber se o cativo ten posta a vacina do tétano.
O tempo é un factor clave. As probabilidades de éxito serán maiores se acoden ao profesional en menos dunha hora.