Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferido un home tras ser atropelado por un tren en Monforte

Ferido un home tras ser atropelado por un tren en Monforte

O suceso tivo lugar nun paso a nivel situado á altura da rúa Eduardo Pondal e o home tivo que ser evacuado ao Hospital de Monforte

As 22:45 horas, un particular alertou o servizo de que un home acababa de ser alcanzado por un tren e necesitaba asistencia sanitaria urxente

Paso a nivel á altura da rúa Eduardo Pondal, en Monforte de Lemos, lugar onde aconteceu o atropelo (Google Maps) Paso a nivel á altura da rúa Eduardo Pondal, en Monforte de Lemos, lugar onde aconteceu o atropelo (Google Maps)
G24.gal 12/01/2026 09:30

Un home quedou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren no municipio lucense de Monforte. O suceso tivo lugar nun paso a nivel situado á altura da rúa Eduardo Pondal e o home tivo que ser evacuado ao Hospital de Monforte. 

Segundo informou o 112, eran as 22:45 horas cando un particular alertou o servizo de que un home acababa de ser alcanzado por un tren e necesitaba asistencia sanitaria urxente.

Deuse aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos bombeiros e á Policía Local de Monforte, ademais de á Policía Nacional e ao persoal de emerxencias de ADIF.

A circulación ferroviaria permaneceu cortada durante o operativo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade