Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un motorista logo de sufrir un accidente nunha rotonda nas Pontes

Falece un motorista logo de sufrir un accidente nunha rotonda nas Pontes

Os profesionais sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 05/07/2026 19:48

Un motorista faleceu logo de sufrir un accidente nunha rotonda situada no quilómetro 0 da AC-101, nas Pontes.

Foi un particular quen chamou ao 112 Galicia e sinalou que a persoa permanecía inconsciente, pouco antes das 18:30 horas.

Ata o lugar desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os voluntarios de Protección Civil das Pontes.

Finalmente, e malia os esforzos por reanimalo, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade