Falece un motorista de 53 anos nunha saída de vía en Arteixo
O home, veciño da localidade, perdeu o control do vehículo cando circulaba pola avenida de Pastoriza
O sinistro produciuse na AC-415, ao redor do quilómetro 5
Imaxe de arquivo da Policía local de Arteixo
Un motorista de 53 anos perdeu a vida contra as catro e media da tarde deste sábado en Arteixo. Por motivos que se están a investigar o home foise da vía cando circulaba pola avenida de Pastoriza.
O exceso de velocidade é unha das causas que baralla a policía local da localidade, aínda que non se descartan outras hipóteses. Ningún outro vehículo se viu implicado no accidente.
A moto foi localizada unha leira situada xunto a estrada. O corpo do condutor atopábase a varios metros de distancia.
Ata ao lugar desprazáronse membros da Policía Local de Arteixo, de Protección Civil e unha ambulancia do 061. Nada pudieron facer por salvarlle a vida.
🔴 #AXEGAInforma do falecemento dun motorista en Arteixo.
— 112 Galicia (@112Galicia) June 27, 2026
📍 AC-415, km 5, na Pastoriza.
➡️ O #112Galicia recibiu o aviso ás 16:30 horas a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
🚨 Bombeiros de Arteixo, @guardiacivil, Policía Local e Protección Civil. pic.twitter.com/vTtbEk4esW