Publicador de contidos

Publicador de contidos

As excursións para ver a praia das Catedrais cada vez contan con máis demanda

As excursións para ver a praia das Catedrais cada vez contan con máis demanda

O percorrido dura aproximadamente unha hora e permite visitar o areal desde outra perspectiva

 

G24.gal 05/07/2026 19:01

Tras poñer os chalecos de seguridade, os pasaxeiros embarcan para visitar a praia das Catedrais desde outro punto de vista. 

A travesía parte de Ribadeo e dura unha hora.Faise nun barco que goberna Diego, o encargado de enfrontarse ás ondas, que ademais informounos de que acaban de ampliar a frota.

Estas viaxes pola costa son todo un atractivo turístico na tempada estival. As excursións fanse durante todo o verán e, coincidindo coa eclipse de agosto, ofrecen a posibilidade de contemplala desde o mar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade