Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os Estados Unidos bombardean de novo Irán, tras o remate da tregua anunciado por Trump

Os Estados Unidos bombardean de novo Irán, tras o remate da tregua anunciado por Trump

Os Estados Unidos responsabilizan a Irán da recente agresión contra buques comerciais no estreito de Ormuz

Ataque en Kuhestak, Irán. Reuters Ataque en Kuhestak, Irán. Reuters
G24.gal 08/07/2026 22:43 Última actualización 08/07/2026 23:52

O Comando Central dos Estados Unidos (CENTCOM) lanzou este mércores novos ataques contra Irán, un día despois de que o presidente estadounidense, Donald Trump, dera por rematada a tregua entre ambos países.

O CENTCOM asegurou —na súa conta de X— que "Estados Unidos responsabiliza a Irán da recente agresión inxustificada contra buques comerciais e tripulacións civís que navegaban libremente por unha vía marítima internacional de importancia vital" e enmarcou os ataques como unha resposta a eses incidentes.

No bombardeo faleceron polo menos oito militares iranianos e un membro da Garda Revolucionaria.

Durante a súa intervención na OTAN, Trump dixo: "Para min acabouse. Non quero negociar con eles, porque son lixo. Son xente enferma, dirixida por xente enferma, mala, violenta. Se tivesen unha arma nuclear, usaríana".

Irán denunciou que os ataques lanzados por Estados Unidos no seu territorio constitúen unha "violación clara" do acordo de cesamento do fogo permanente, pactado o pasado 17 de xuño entre Washington e Teherán.

Horas despois desas agresións, a Garda Revolucionaria iraniana reivindicou 85 ataques contra bases estadounidenses en países do golfo Pérsico, nos que as súas forzas navais e aéreas empregaron mísiles e drons, segundo recolleu a axencia estatal IRNA.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade