Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez di que falou "sen tensión" con Trump tras as críticas a España

Sánchez di que falou "sen tensión" con Trump tras as críticas a España

Afirma que recibe "con calma e paciencia" os ataques do presidente dos Estados Unidos

Trump di que España é unha causa perdida e pide cortar o comercio co país: "É un aliado terrible"

O presidente do Goberno participa no cumio da Alianza Atlántica que se celebra en Turquía. Europa Press O presidente do Goberno participa no cumio da Alianza Atlántica que se celebra en Turquía. Europa Press
G24.gal 08/07/2026 16:33

O xefe do Goberno español afirmou este mércores manter en Ankara unha conversación "sen tensión" e "con absoluta e total cordialidade" con Donald Trump despois das novas críticas a España do presidente dos Estados Unidos.

Sánchez desvelou na conferencia ofrecida ao remate do cumio da OTAN esa conversación con Trump horas despois de que este asegurase que España é "unha causa perdida", "non ten remedio, son mala xente", e ameazase con cortar toda relación comercial.

Pero a pesar desas manifestacións, Sánchez dixo que só houbo "boas palabras e amabilidade" na súa charla coloquial con Trump, na que dixo que falaron do Mundial de Fútbol que se está disputando nos Estados Unidos e doutras cuestións informais. Entre elas revelou que falaron de golf, un deporte do que lembrou que é moi afeccionado o presidente dos Estados Unidos.

A charla, explicou, tivo lugar cando coincidiron mentres esperaban para posar para a foto de familia do cumio da Alianza Atlántica xunto ao resto de líderes. O xefe do Executivo español dixo que as críticas a España do presidente estadounidense coñeceunas polos medios de comunicación, co que trasladou que en ningún momento llas fixo a el directamente.

Eses ataques, asegurou, recíbeos "con calma e paciencia" e tamén "con certa normalidade", resaltando que, máis aló das declaracións, hai unhas relacións bilaterais moi positivas entre España e os Estados Unidos.

Tras lembrar que España ten déficit comercial cos Estados Unidos, fixo fincapé ante a ameaza de Trump de romper relacións comerciais con España, que ese tipo de relacións son coa Unión Europea e non de forma individual con cada un dos seus membros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade