Publicador de contidos

Publicador de contidos

Foxe máis de 200 km/h, sen carné e cun coche roubado en Allariz

Foxe máis de 200 km/h, sen carné e cun coche roubado en Allariz

A Garda Civil indicou que o vehículo fora subtraído e o investigado contaba cunha orde de afastamento sobre o seu propietario

Foto de Arquivo (Eduardo Parra/Europa Press) Foto de Arquivo (Eduardo Parra/Europa Press)
G24.gal 29/07/2026 12:04 Última actualización 29/07/2026 12:33

A Garda Civil investiga un condutor que fuxiu a máis de 200 quilómetros por hora, coas luces apagadas, sen carné de conducir e nun vehículo subtraído no municipio ourensán de Allariz.

Segundo informou a Comandancia a través dun comunicado, o home (que contaba cunha orde de afastamento do propietario do vehículo subtraído) foi detido durante esta pasada fin de semana e posto a disposición xudicial este pasado luns, decretándose a liberdade con medidas.

En concreto, durante a madrugada do pasado domingo 29 de marzo, Axentes da Unidade de Investigación de Seguridade viaria (UNIS) do Subsector de Tráfico de Ourense localizaron un vehículo circulando na A-52 á altura de Allariz, mentres se atopaban realizando servizos de vixilancia.

Neste caso, o turismo circulaba a unha velocidade "notoriamente superior á establecida", sen posuír, ademais, seguro para o vehículo en vigor, motivo polo cal os axentes procederon a darlle o alto e a notificarlle a infracción.

Con todo, tras activar os sinais luminosos, o condutor nin reduciu a velocidade nin detivo o vehículo, situándose entón os gardas no carril esquerdo para facerlle indicacións coa lanterna para que este se apartase.

Nese momento, o condutor aproximouse co seu vehículo aos axentes, procedendo estes a realizar unha manobra evasiva para evitar chocar, de debendo estes realizar unha manobra evasiva para evitar a colisión e emprendendo entón o condutor a fuxida a gran velocidade.

Acto seguido, os axentes realizaron o seguimento do turismo observando como este se cambiaba de carril aleatoriamente e en numerosas ocasións, adiantando ademais a vehículos, apagando as luces e incrementando a velocidade ata alcanzar os 200 quilómetros por hora durante polo menos 15 quilómetros.

Tal e como indicou a Garda Civil, o vehículo atopábase subtraído e o investigado contaba cunha orde de afastamento do titular do mesmo. Tras intervir o turismo e realizar as indagacións necesarias, a Comandancia comprobou, ademais, que os pneumáticos tampouco se atopaban en bo estado.

Así mesmo, o condutor non contaba co seu domicilio actualizado na DXT, o que "dificultou durante meses a súa localización", ata que, tras semanas de investigación, os axentes lograron localizalo e identificalo, descubrindo que, no momento dos feitos, este carecía de carné de conducir en vigor porque "esgotara todos os puntos asignados ao seu permiso".

Catro delitos posibles

Segundo informou a Comandancia, o investigado enfróntase agora a catro delitos, un de condución temeraria -prisión de 2 a 5 anos-, un de condución de vehículo de motor con perda de vixencia do permiso -prisión de 3 a 6 meses-, un de desobediencia grave a axentes da autoridade -prisión de 3 meses a 1 ano -e un delito de furto - prisión de 6 a 18 meses-.

A iso súmase ademais a denuncia pola comisión de dúas infraccións administrativas. En primeiro lugar, por non comunicar o condutor o seu cambio de domicilio á DXT e non respectar os sinais e ordes dos Axentes; e en segundo lugar, por circular sen constar que o propietario do vehículo o teña subscribido e manteña en vigor un contrato de seguro que cubra a responsabilidade civil derivada da súa circulación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade