Morre un home e unha muller queda ferida nun accidente de tráfico en Abegondo
Foi unha colisión frontal entre dous vehículos rexistrada na noite deste domingo
O condutor dun dos turismos, de 41 anos, faleceu no acto; a muller que pilotaba o segundo foi trasladada ao CHUAC
Arquivo
Un accidente de tráfico rexistrado na pasada noite no municipio de Abegondo (A Coruña) acabou coa morte dun home de 41 anos e unha muller ferida, trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).
Segundo informou o 061, o aviso do sinistro recibiuse este domingo pasadas as 22:30 horas na central de coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia. Foi unha colisión frontal rexistrada na AC-223, ao seu paso por Vizoño.
Ata o punto enviáronse dúas ambulancias do 061, e tamén se desprazou persoal sanitario do PAC de Ordes.
Foron atendidos dous pacientes, o condutor dun dos vehículos, de 41 anos, faleceu no acto. O seu turismo envorcou e tivo que ser liberado polos bombeiros de Ordes. A condutora do outro vehículo, de 55anos, foi evacuada en helicóptero ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).