Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferido un camioneiro tras caer por un terraplén duns 30 metros en Cabanas

Ferido un camioneiro tras caer por un terraplén duns 30 metros en Cabanas

A pesar de resultar ferido, o home puido saír do vehículo polo seu propio pé

G24.gal 25/06/2026 10:00

Un camioneiro resultou ferido na mañá deste xoves tras caer por un terraplén duns 30 metros de desnivel na localidade coruñesa de Cabanas. Segundo informa o 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as 08:10 horas no punto quilométrico 3 da AC-563.

A pesar de resultar ferido, o home puido saír do vehículo polo seu propio pé. Por iso, solicitouse axuda a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros do Eume e ao GES de Mugardos, así como aos servizos de mantemento da estrada.

A esta hora os servizos de emerxencia continúan no punto realizando tarefas de limpeza da vía e traballando para a retirada do camión, que transportaba electrodomésticos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade