Atopan o corpo dunha muller de 89 anos desaparecida no Porto do Son
O operativo de busca arrancou ás 22:00 horas deste venres
Varios veciños atoparon o corpo a carón dun regato na parroquia de Portosín
Este sábado atoparon sen vida unha muller de 89 anos desaparecida este venres no lugar de Beneso, no concello de Porto do Son.
O 112 Galicia tivo constancia da desaparición arredor das 22:00 horas, na parroquia de Portosín. As tarefas de rastrexo xa comezaron este venres cun dispositivo posto en marcha pola Garda Civil e o GES de Noia, aínda que finalizaron con resultado negativo.
Este sábado continuouse a busca coa incorporación da Unidade Operativa de Drons da Axencia Galega de Emerxencias (Axega).
Contra o final da mañá, a desaparecida foi achada por uns veciños na zona dun regato, aínda que xa se atopaba falecida.
Nada puideron facer por salvarlle a vida. Ao parecer, a muller desorientouse cando saíu dar un paseo
🔴 #AXEGAInforma de que foi achada sen vida unha persoa desaparecida en Porto do Son.
— 112 Galicia (@112Galicia) May 2, 2026
📍 Parroquia de Portosín.
➡️ Levaban na súa procura desde a noite de onte.
🔗 https://t.co/rRLVDHumfK pic.twitter.com/0Us5ByE7bP