Publicador de contidos

Publicador de contidos

Miles de cangrexos patudos foron arrastrados ás praias das Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada

Miles de cangrexos patudos foron arrastrados ás praias das Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada

Os factores polos que se produciu son climáticos, debido ao aumento das temperaturas e á propia prevalencia dos ventos do norte na primavera e verán

EFE/Parque Nacional Illas Atlánticas EFE/Parque Nacional Illas Atlánticas
G24.gal 02/05/2026 13:34

As praias e rocas das illas Cíes, Ons, Sálvora e ocasionalmente Cortegada foron escenario durante esta semana dun fenómeno visual impactante pola chegada de miles de pequenos cangrexos patudos que foron arrastrados pola marea ata a beira.

Os responsables do Parque Nacional das Illas Atlánticas deron a coñecer o feito a través das súas redes sociais e explican que o crustáceo, coñecido cientificamente como 'Polybius henslowii', recibe numerosos nomes en galego, talles como "patexo, pateiro, patelo ou patulate".

O nome científico Polybius henslowii rende homenaxe ao botánico John Stevens Henslow, quen foi mentor de Charles Darwin.

En castelán é "cangrexo patudo", pero a denominación galega é a que "ecoa con máis forza na costa", precisan.

Aínda que non é infrecuente velos, a magnitude deste "afloramento masivo" sorprendeu nesta ocasión tanto a veciños como a visitantes.

Os factores polos que se produciu son climáticos, debido ao aumento das temperaturas e á propia prevalencia dos ventos do norte na primavera e verán.

Pero tamén, segundo declaran os técnicos, está a súa natureza nadadora, pois a diferenza doutros cangrexos o patudo é un excelente nadador migratorio que vive en grupos enormes en mar aberto. 

Hoxe en día, o seu uso principal cambiou e son un recurso moi valorado como cebo para a pesca deportiva e a profesional. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade