Publicador de contidos

Publicador de contidos

As illas Cíes abren a Semana Santa cun novo embarcadoiro e con melloras na biodiversidade

As illas Cíes abren a Semana Santa cun novo embarcadoiro e con melloras na biodiversidade

A Xunta licita unha nova pasarela na praia de Rodas de cara á tempada estival cun investimento previsto de 155.000 euros

G24.gal 31/03/2026 14:50

Un dos atractivos desta Semana Santa que promete bo tempo en Galicia van ser, sen dúbida, as illas Cíes. Xa está habilitado o novo embarcadoiro de Rodas, despois dos estragos que deixaron os temporais deste inverno. Unha mellora na seguridade que se completa con actuacións na recuperación da biodiversidade das dunas.

"A biodiversidade é primordial, a seguridade sen dúbida. E xunto con isto, de cara á tempada estival, tamén procederemos á licitación da pasarela de Rodas cun investimento de 155.000 euros", explica Ánxeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade