Na cidade de Lugo os ladróns estragaron as fiestras de seis coches para roubar
A Policía Nacional ten aberta unha investigación sobre o acontecido, que xa o mes pasado se detectara en vehículos estacionados na avenida de Fontiñas
Estes cristais son os anacos das fiestras dos coches que persoas descoñecidas estragaron en vehículos que estaban estacionados moi preto da igrexa de Albeiros, en Lugo. A situación repítese en ambos lados da vía. A Policía Nacional xa llo comunicou aos propietarios dos coches.
Lamentan os veciños que ocurra esta situación, que xera certa inseguridade.
Desta volta os roubos producíronse en Albeiros e Garabolos, na zona norte de Lugo, pero o mes pasado sucedeu o mesmo en varios vehículos estacionados en Fontiñas.
A Policía Nacional ten aberta unha investigación para dar cos presuntos autores. As balizas V 16, as luces que desde hai uns meses hai que utilizar para advertir dun vehículo accidentado na calzada, poden estar detrás desta vaga de roubos.
En todo caso, os desperfectos causados nos coches son graves e os autores poden enfrontarse a unha pena de un a tres anos de cadea, por un delicto de roubo con forza.