Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia rozará os 30 graos este domingo con risco de tormentas pola tarde

Galicia rozará os 30 graos este domingo con risco de tormentas pola tarde

Pola tarde crecerán nubes de evolución no interior con chuvascos de tipo tormentoso

A primavera deixa bastante máis fresco no norte da comunidade e moito vento no litoral noroeste
 

G24.gal 18/04/2026 20:56 Última actualización 19/04/2026 09:57

A primavera semella estar ben ocupada estes días con cambios nas temperaturas que aínda a mediados de abril semellan case de verán.

"Fantástico para estar aquí a beira do río, coa brisa do río e todo, moi ben, moi a gusto, si".

"Eu estaba desexando que chegara xa o bo tempo, estaba farto da chuvia, do frío. A mín encántame o verán, entón estaba desexando que chegara. - ¿E con ganas de que dure ou de que cambie un pouquiño? - Non, non, que dure, que dure e que empece o verán xa".

Pois desexo concedido, porque Ourense chegou esta fin de semana os trinta graos e moi preto quedaron tamén outras localidades da provincia como Leiro, A Arnoia ou Vilamartín de Valdeorras. Xornada de sol e calor que compre aproveitar antes do próximo cambio de tempo..,.

"Entre roupa de inverno, roupa de verán, xa non sabes que pór. Saes pola mañá moi abrigada, despois hai que espirse, pero bueno, agradécese. Temos unhas temperaturas bastante altas, pero despois deste tempo e de choiva e demais, merecidísima esta calor. Calquera día ven unha treboada e volven estar días de choiva entón estupendo".

"Saímos abrigados pola mañá e pola tarde veña, verán!".

E se os termómetros foron xenerosos no interior de Galicia, o certo é que nas Rías Baixas tampouco houbo queixa. Xornada de praia a deste sábado.

"Precioso, esto é un paraíso, unha marabilla, a temperatura ideal, a praia está moi accesible e bueno, a gozar o que se poida dela".
 

"Pois moi solleiro, vai moita calor e a verdade é nos colleu algo de sorpresa. Non o esperabamos, non pensamos que ía tan bo tempo e a verdade é que se está moi ben".


De cara á xornada deste domingo tanto as mínimas como as máximas quedarán en valores moi semellantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade