Os bares de praia saen do seu letargo coa chegada do bo tempo
Música, diversión e rexouba enchen xa os establecementos dos areais
Cada vez ofrecen máis actividades organizadas para desfrutar da xornada
Sexa no interior ou sexa na costa, co bo tempo Galicia convértese en paraíso da praia. E aínda que só os máis valentes se atreven co baño estes días de abril, desfrutar dun tempo de ocio cos amigos ou a familia nunha terraza ou nun bar á beira da auga é un pracer que se está a converter en costume.
"Bastante xente, todo tranquiliño, estase ben", son algún dos comentarios dos visitantes que aproveitan o día de lecer achegándose a un establecemento praieiro.
Así lucían na praia viguesa de Samil estes días, facéndose virais nas redes sociais. E así estaban este serán, aproveitando un fenómeno importado do Levante e das terrazas ibicencas que se iniciou de xeito improvisado hai unha década.
Pouco a pouco fóronse incorporando actuacións musicais, espectáculos e actividades para todo os públicos, que xa están aquí.
"Está a pé de praia. Podes vir, tomar algo, asistir aos concertos. É case coma un día de verán", sentenza un dos clientes dun destes locais.
Para os amantes dunha xornada máis pausada tampouco hai problema. Galicia segue ofrecendo petiscos da Arcadia ao longo da súa costa e ribeiras. Só é cuestión de atopalas e gardar o segredo.