Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un home mata a coiteladas unha muller en Esplugues de Llobregat (Barcelona)

Un home mata a coiteladas unha muller en Esplugues de Llobregat (Barcelona)

Os Mossos d'Esquadra detiveron o suposto agresor despois dunha breve fuxida

Polo momento, descartan que se trate dun crime machista e investigan se feriu outra persoa na zona

A agresión produciuse en plena rúa. EFE/Alberto Estévez.
G24.gal 02/05/2026 14:19 Última actualización 02/05/2026 21:35

Un home matou a coiteladas unha muller no municipio barcelonés de Esplugues de Llobregat. Tras unha breve fuga, foi detido polos Mossos d'Esquadra.

De acordo cun comunicado da policía catalá, ocorreu sobre as 11:00 horas deste sábado na rúa Joan Miró. Unha chamada ao 112 alertou da presenza dunha muller malferida na vía pública tras unha agresión cunha arma branca.

Ata o lugar desprazáronse varias unidades do Sistema de Emerxencias Médicas que non puideron facer nada por salvarlle a vida. A División de Investigación Criminal (DEC) dos Mossos fíxose cargo das pescudas que se atopan baixo segredo xudicial.

Segundo fontes próximas á investigación, o suposto autor cravoulle á vítima varias veces un coitelo de grandes dimensións logo de exhibililo. Ao parecer, estaba visiblemente nervioso.

As forzas de seguridade tómanlle declaración ás testemuñas e indagan se había algún vínculo entre o agresor e a vítmia pero, polo momento, descartan que se trate dun crime machista.

Tamén tentan determinar se o arrestado agrediu un home atendido polo persoal sanitario na zona con feridas leves.

A muller quedou malferida e morreu pouco despois. EFE/Alberto Estévez. A muller quedou malferida e morreu pouco despois. EFE/Alberto Estévez.

Preocupación pola convivencia

O Concello de Esplugues condenou nun comunicado o asasinato a muller e expresou a súa preocupación por este feito grave, xa que afecta "a convivencia e á seguridade cidadá".

No texto, o Concello "lamenta profundamente a morte violenta dunha persoa na cidade" e traslada o seu consolo á familia e ás persoas achegadas.

"Por respecto á investigación en curso e a todas as persoas afectadas, pídese prudencia e responsabilidade, e evitar a difusión de informacións non contrastadas", sinala.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade