Publicador de contidos

Publicador de contidos

O TXUE avala a designación de Mina Doade como proxecto estratéxico da UE

O TXUE avala a designación de Mina Doade como proxecto estratéxico da UE

O Tribunal rexeitou un recurso dunha ONG contra a decisión da Comisión Europea que tamén afectba a proxectos de España e Portugal 

G24.gal 19/06/2026 18:12

O Tribunal de Xutiza da Unión Europea (TXUE) avalou a designación de Mina Doade, en Beariz (Ourense), como proxecto estratéxico ao rexeitar un recurso presentado pola ONG ClientEarth contra a decisión da Comisión Europea. 

A resolución afecta tamén aos proxectos de Las Navas,, en Cáceres, e Barroso Lithium, en Portugal, incluídos por Bruxelas na listaxe de iniciativas consideradas clave para garantir o abastecemento de materias primas fundamentais. 

Segundo a documentación consultada por Europa Press, o presidente da Sala Segunda do TXUE resolveu arquivar o asunto nun auto emitido o pasado 21 de abril. A ONG cuestionaba a decisión da Comisión Europea e o acceso á documentación elaborada no marco do Regulamento de Matrias Primas Fundamentais. 

Desde o Grupo Samca, promotor de Mina Doade, consideran que a resolución reforza o procedemento que permitiu declarar estratéxico o proxecto. A compañía lembra ademais que a Comisión Europea xa respondera previamente a varias reclamacións de entidades ambientalistas sobre esta designación. 

Con todo, a empresa sinala que continúa pendente de resolución outro recurso presentado por Ecoloxistas en Acción. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade