Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan a morte dunha muller de 54 anos en Sanxenxo que apareceu ferida na rúa

Investigan a morte dunha muller de 54 anos en Sanxenxo que apareceu ferida na rúa

A muller foi atopada semiinconsciente en Portonovo a primeira hora da mañá, pero faleceu pouco despois no centro de saúde de Baltar

G24.gal 28/04/2026 12:18

Unha muller faleceu este martes no municipio pontevedrés de Sanxenxo, horas despois de aparecer ferida nunha travesía de Portonovo. Segundo informaron fontes municipais, a muller, de 54 anos, foi achada esta mañá ferida e semiinconsciente na Travesía Areal de Portonovo, onde residía.

Nun primeiro momento foi trasladada ao momento de Atención Continuada (PAC) de Baltar, onde faleceu horas despois. Informan de que a Policía Local e a Garda Civil investigan os feitos e que se espera que a autopsia esclareza as causas da morte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade