Publicador de contidos

Publicador de contidos

O cocido: un dos pratos máis característicos da nosa gastronomía e dos máis acaídos no inverno

O cocido: un dos pratos máis característicos da nosa gastronomía e dos máis acaídos no inverno

O segredo está en contar con ingredientes de calidade cociñados a lume lento

O cocido precisa de tempo e paciencia, tanto para cociñalo como á hora de sentarse á mesa e dar conta de todos os ingredientes

G24.gal 31/01/2026 14:19 Última actualización 31/01/2026 14:48

"Para un cocido tradicional, aparte de que o producto sexa todo afumado, necesitamos unha boa cacheira, un lacón bo, panceta, despois chourizos de calidade, tanto de cebola como de carne.", explica  Daniel Fernández, da carnicería Embutidos Lalinense

Tampouco poden faltar as patacas os grelos e os garabanzos para completar o prato estrela da gastronomía galega do inverno.

"O cocido a nós gústanos moito, porque aínda que sexa no verán, de vez en cando hai que facelo."

"Somos vinte ou vintecinco e si que facemos cocido, filloas, postres de carnaval, de todo."

Este ano os prezos das carnes manteñense estables ou cunha lixeira suba.

"Coma todo sempre sube un pouquiño, pero están máis ou menos como o ano pasado." Di Daniel Fernández

 O segredo do éxito é contar con ingredientes de calidade e deixalos cocer a lume lento para que fagan a súa maxia. Sábeno ben nos restaurantes de Lalín, a capital do cocido.

"O máis importante do cocido de Lalín é a materia prima. E despois o que non pode faltar é que sexa carnes de porco afumadas, o máis importante do cocido de Lalín é que sexan carnes afumadas e curadas."

Ata o 14 de febreiro 26 restaurantes de Lalín ofrecen a posibilidade de gozar deste prato que non entende de présa, nin para se cociñar nin á hora de sentarse á mesa, porque máis que un prato é un menu completo dende a sopa ata as filloas da sobremesa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade