Publicador de contidos

Publicador de contidos

A lamprea é un deleite para algúns padais e un peixe pouco atraente para outros

A lamprea é un deleite para algúns padais e un peixe pouco atraente para outros

Aínda que houbo abundancia nos primeiros días de pesca agora xa comeza a escasear

A ración desta especie prehistórica está arredor dos 60 euros

G24.gal 15/03/2026 14:38 Última actualización 15/03/2026 15:26

Estamos xa na época da lamprea e as enchentes deste ano favoreceron a súa entrada nas pesqueiras. Nestas últimas semanas baixou o caudal no Ulla pero en Padrón os seis restaurantes que participan nas xornadas gastronómicas ofrecen diferentes pratos para poder catalas.

Lista para cociñar, repousa no seu sangue unha lamprea do Ulla que dará para dous comensais.

O chef Rivera vai preparando o rustrido e recorda os tempos en que as lampreas enchían os carros. Sabe que é un prato que ten devotos que a veñen comer tres ou catro veces na tempada, pero tamén detractores.

"A lamprea non ten termo medio, ou es un namorado da lamprea e fas cen quilómetros porque che encanta ou non dás dous pasos. Por isto nós sempre facemos un menú con seis ou sete pratos distintos: risotto, unha pasta fresca cunha salsa tipo boloñesa pero de lamprea. Así a xente que non é moi de lamprea ao ir mesturada, cómena. Como peixe é moi forte, incluso se pode comparar cunha carne", recoñece o chef José Antonio Rivera.

A demanda fixo que os prezos subisen porque xa non hai tanta cantidade. 

"A estas alturas a lamprea tiña que estar a 20 ou 25 euros a peza, para poder poñer unha ración a 15 ou 20 euros nestas datas, que era o normal. Agora está a 60", di o chef.

Queda aínda un mes para ila probar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade