Cargando resultados...
Medra a popularidade da cascarilla, un produto cada vez máis valorado
G24.gal
14/03/2026 15:15
Na Coruña lévase con orgullo o alcume de cascarilleiros. Ten a súa orixe na tradición chocolateira da cidade de principios do século XX. A casa da semente do cacao pasou de ser unha bebida "humilde" a un produto valorado. Na actualidade unha única fábrica, situada en Carballo, subministra cascarilla ás tendas da Coruña, que din non dar abasto para atender a demanda. A cascarilla continúa a ter o seu mercado e goza, cada vez, de maior popularidade.