As cooperativas ofrecen degustar os seus produtos no mercado de abastos de Santiago
AGACA promove estes espazos efémeros, onde dan a coñecer os froitos do traballo dos agricultores e gandeiros
Ir mercar á praza e ter alí a oportunidade de tomar de balde un viño, un pouco de queixo, un vaso de leite, ou outros moitos produtos do agro galego. É o que propón a Asociación Galega de Cooperativas que este venres inaugurou no mercado de abastos de Santiago estes espazos efémeros, onde dan a coñecer os froitos do traballo dos nosos agricultores e gandeiros.
Estarán a fin de semana, e volven outros tres fins de semana en maio. Oito cooperativas do agro galego e unha entidade de economía social que se irán rotando para expoñer e vender aquí os seus produtos.
O que se reivindica é das cooperativas, onde os produtores se asocian para abaratar custos, transformar e comercializar. Por riba do economicismo, a economía social opta polas persoas e o territorio.
"Engandido que é parte do proxecto europeo de ES_FACTORY, e tamén estamos conseguindo que xente que non coñece a fórmula da cooperativa sexa quen de emprender a través dela", declara Carmen Rodríguez, presidenta de AGACA.
Un modelo -din- que demostra ser máis resiliente en tempos de crise.