A cascarilla: de bebida "humilde" a produto cada vez máis valorado e popular
Na Coruña lévase con orgullo o alcume de cascarilleiros: ten a súa orixe na tradición chocolateira da cidade de principios do século XX.
Hoxe en día a cascarilla continúa a ter o seu mercado e goza, cada vez, de maior popularidade
Na actualidade unha fábrica, situada en Carballo, subministra cascarilla ás tendas da Coruña, que din non dar abasto coa demanda: "Se nos sirviran máis venderíase o duplo ou triplo". "Hoxe en día se lle dá un aprezo como un produto que é san e que é dixestivo". "Hai moita demanda, a xente sabe os beneficios que ten tomar a cascarilla e, cada vez, próbaa máis a xente nova".
Suso, da Tenda de Albi, atende a súa clientela no barrio de Monte Alto onde presumen de ser xente cascarilleira.Unha clienta comenta que a súa avoa tomábaa cando ela era unha nena e que lle gustaba moito. Outra apunta que xa ten ganas de probala.
No ultramarinos máis antigo da cidade, con 130 anos, Isabel mantén a cascarilla no catálogo. A tradición ten orixe na Coruña chocolateira de principios do século XX."Cócena en auga a lume lento bastane tempo e logo tómana como infusión", explica Isabel do Ultramarinos El Riojano.
Carmen rexenta unha fábrica e tenda de especias e condimentos. Elabora de xeito artesanal infusións. Entre elas, unha cascarilleira: "Antes o utilizaban persoas que non podían pagar os prezos do cacao. Hoxe en día é un artigo de luxo", asegura Carmen, xerente de Azafranes Bernardino.
Un producto valorado e que se está a facer, cada vez, máis popular.