Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ratifican 24 anos de cadea para Pandolo por asaltar unha casa e tentar matar dúas persoas en Ordes

Ratifican 24 anos de cadea para Pandolo por asaltar unha casa e tentar matar dúas persoas en Ordes

O tribunal non aprecia a eximente de alteración psíquica, dado que os informes forenses indicaron que non presentaba alteracións que afectasen a súa capacidade de comprender a ilicitude dos seus actos

G24.gal 29/04/2026 17:55

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou a condena, da sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña, a 24 anos e 4 meses de cárcere a José Manuel Martínez, máis coñecido como Pandolo, considerado un perigoso atracador, con múltiples antecedentes penais e con condenas por tentativa de homicidio.

Foi por asaltar unha vivenda en Ordes (A Coruña), na madrugada do 31 de maio de 2023, coa intención de roubar e portando unha arma de fogo sen licenza. Na súa sentenza, o alto tribunal galego desestima as alegacións da súa defensa para ratificar integramente o contido da sentenza da Audiencia coruñesa.

Nela, considérano autor de dous delitos de homicidio en grao de tentativa, concorrendo a circunstancia agravante de reincidencia; dun delito de roubo con violencia en casa habitada dun vehículo de motor en grao de tentativa; dun delito de tenza ilícita de arma curta sen licenza e con número de serie borrado, dun delito de coaccións e dun delito leve de furto.

A sala entende probado que actuou con dolo directo, evidenciado polo uso da arma e a violencia empregada. O tribunal non aprecia a eximente de alteración psíquica, dado que os informes forenses indicaron que non presentaba alteracións que afectasen a súa capacidade de comprender a ilicitude dos seus actos.

"Non quixen matar a ninguén", manifestou ao termo do xuízo no que o seu defensa pediu a libre absolución ao alegar que padece "esquizofrenia. Na súa declaración Pandolo proclamou a súa inocencia. "Fixen catro ou cinco disparos ao aire para que visen que tiña un arma de fogo e non se me achegasen", manifestou.

"Entrei por comida", expuxo para apuntar que "non levaba intención de roubar o coche, xurdiu, roubei coches toda a miña vida", engadiu en relación ao acceso á vivenda cando seis membros que estaban nela atopábanse durmindo. "Se puidese matábanos a todos", coincidiron as vítimas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade