Publicador de contidos

Publicador de contidos

Once anos de cárcere por violar unha amiga logo dunha noite de copas en Santiago

Once anos de cárcere por violar unha amiga logo dunha noite de copas en Santiago

Deberá indemnizar a vítima con 50.000 euros

A vítima, "despois de ser levada á súa casa polo acusado, sufriu agresións sexuais, a pesar da súa oposición verbal", recolle a sentenza

(Arquivo TVG) (Arquivo TVG)
G24.gal 10/06/2026 17:15

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago de Compostela, condenou a once anos de cárcere un home como autor dun delito continuado de agresión sexual con penetración, coa concorrencia da circunstancia agravante de obrar con abuso de confianza, e outro leve de lesións, polo que lle impón unha multa.

En concepto de responsabilidade civil, deberá indemnizar a vítima, coa que mantiña unha relación de amizade, con 50.000 euros, informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) e recolle o fallo.

Os feitos producíronse en 2024, despois de que ambos coincidiran nun establecemento de lecer en Santiago de Compostela e "tras unha noite de consumo de alcol, onde a vítima, despois de ser levada á súa casa polo acusado, sufriu agresións sexuais, a pesar da súa oposición verbal", recolle a sentenza.

Nela destácase a credibilidade da declaración da vítima, corroborada por declaracións de testemuñas e un informe psicolóxico que evidenciou o impacto emocional e físico dos feitos.

O tribunal, polo tanto, conclúe que os actos foron realizados sen o consentimento da denunciante e que o acusado abusou da confianza que existía entre ambos. A sentenza non é firme, pois cabe presentar recurso de apelación ante o Alto Tribunal galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade