Aviso laranxa por ondas de oito metros no litoral e neve nos accesos a Galicia
Os vehículos pesados teñen prohibido adiantar na N-525 e na A-52 ao seu paso pola Canda
A autovía das Rías Baixas estivo cortada varias horas na noite do venres no linde con Zamora
A neve tamén está a causar problemas nalgunhas estradas. EFE/Eliseo Trigo
Galicia continúa baixo a influencia das borrascas con réxime de ventos do suroeste que van traer unha nova fronte pola noite. Ata entón, todo o litoral vai seguir en aviso laranxa por ondas que poden superar os oito metros.
Ademais, as nevaradas están a complicar a circulación nos accesos á comunidade. Segundo informa a DXT, os camións teñen prohibido adiantar na N-525 entre Terroso e A Canda e na A-52 entre Requejo e o porto de montaña da Mezquita.
A autovía das Rías Baixas estivo cortada este venres durante varias horas nun treito de 83 quilómetros por mor da neve.
A Garda Civil de Tráfico fixo parar os vehículos pesados en Riós e Vilavella (Ourense) e en Pobra de Seabra (Zamora) e, ao fío das 23:00 horas, puideron retomar a viaxe.
Este sábado as onde poden superar os oito metros