Publicador de contidos

Publicador de contidos

Martín de la Puente cae ante Oda na final do Open de Australia

Martín de la Puente cae ante Oda na final do Open de Australia

O galego gañou o primeiro set

A aparición da chuvia e as interrupcións favoreceron a Oda

O resultado: 3-6, 6-2 e 6-2 e algo maís de dúas horas

G24.gal 31/01/2026 11:43 Última actualización 31/01/2026 12:34

O vigués Martín de la Puente acariñou durante unhas horas o seu primeiro titulo individual de Grand Slam en Australia, pero entre a chuvia que detivo varias veces a final de tenis en cadeira de rodas e o xaponés Tokito Oda, acabaron por espertalo.

O galego quedou ás portas por segunda vez na súa carreira. Xa se lle escapara o partido polo título de Wimbledon en 2024, ante o británico Alfie Hewett.

Desta volta, Martín tomou vantaxe logo dun redondo primeiro set (6-3). Pero a seguir interveu a chuvia, chegaron os paróns e Tokito Oda reaccionou para sacar o mellor do seu repertorio e darlle volta. 3-6, 6-2 e 6-2 en algo máis de dúas horas e cuarto.

Claves: o saque de Martín, non estivo ben (51% de primeros); a pegada de Oda, foi afinando ata lanzar 52 golpes gañadores.

Ao saír da pista, Martín atendeu ao micrófonos da CSAG en Melbourne e contonunos que "estaba contento", aínda que "non lle gustaba" o trofeo de subcampión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade