Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Martín de la Puente derrota a Raid e métese en semifinais do US Open
Diante terá o gran favorito en Nova York, o xaponés Tokito Oda
 
            
                            G24.gal
                        
                            05/09/2025 11:15
                        
                        
                                Última actualización 05/09/2025 11:21
                        
                        
                    
                    O vigués Martín de la Puente clasificouse este xoves para as semifinais do tenis en cadeira do Aberto dos Estados Unidos, cuarto e último Grand Slam da tempada e que se disputa sobre pista dura.
O xogador galego, cabeza de serie número tres, queda a un partido dunha final nun 'grande' despois de impoñerse con autoridade ao británico Gordon Reid, verdugo na anterior rolda de Dani Caverzaschi, por un claro 6-2, 6-3.
Agora, terá enfronte ao gran favorito en Nova York, o xaponés Tokito Oda.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
            
         
            
         
            
        