O Noia golea ó Manzanares e achégase aos postos de play off (8-4)
Espectacular partido o vivido no Mourís decidido unha segunda parte espectacular do equipo de David Palmás
A falta de tres xornadas os galegos están soamente a dous puntos dos postos que dan dereito a xogar as eliminatorias polo tírulo de liga
@NoiaFutbolSala
O Noia comezou de forma inmellorable o partido grazas o gol de Ismael no primeiro minuto do choque. Tras o tanto Biel e Thierry puideron aumentar a vantaxe pero non atinaron no remate final. Por contra, tras un despiste defensivo, Daniel empataba para o Manzanares nunha das primeiras chegadas dos visitantes. E nos últimos segundos da primeira parte chegaría o segundo dos manchegos tras un novo erro defensivo local que aproveitaría Toni.
O inicio da segunda metade foi frenético. Nun minuto Biel dáballe a volta ao marcador pero rapidamente Javi Alonso replicaba para o Manzanares e voltaba a igualar o partido. Os noieses non tiraban a toalla e provocaron a expulsión de Robles. David Pazos non desaproveitaba o penalti asubiado tras o cartón vermello e o Noia voltaba a estar por diante. Soamente pasaran oito minutos pero o partido era unha tolemia. E nos minutos finais, aproveitando a táctica do pòrteiro xogador dos manchegos, os de David Palmas incrementaron o marcador ata deixalo no definitivo 8-4 grazas a un último gol do porteiro Schutt a escasos segundos do final.