Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ximo Navarro: “Que sexamos unha familia é moi importante”

Ximo Navarro: “Que sexamos unha familia é moi importante”

Asegura que o equipo chega do mellor xeito posible á recta final do campionato​​​

Apraza as negociacións da súa posible renovación, ao ser un tema no que non está a pensar demasiado

G24.gal 23/04/2026 14:25 Última actualización 23/04/2026 14:38

O defensa branco e azul dá argumentos para crer no ascenso do Deportivo. Quedan seis partidos para a conclusión da fase regular do campionato, e o Dépor chega con optimismo a este final de tempada.

Ximo Navarro, que volveu ao once do equipo en Ceuta, non deixou de achegar para que este tramo sexa tan exitoso para os brancos e azuis. O veterano defensa volveu este xoves para insistir en algo que xa apuntara semanas atrás: o seu convencemento de que van lograr o ansiado obxectivo de regresar a Primeira División.

As claves que apunta Ximo son varias: esquivar as lesións, o regreso do mellor Yeremay, a calidade do equipo, o apoio incondicional da bancada e a saúde do grupo:

“Que sexamos unha familia é moi importante”.

Ximo finaliza contrato este mesmo verán e, polo momento, non hai noticias sobre unha posible renovación. O andaluz non lle dá maior importancia e céntrase unicamente en axudar o equipo.

Navarro asegurou estar "a gozar de volver xogar", e apraza as negociacións da súa posible renovación ao ser un tema en que non está a pensar demasiado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade