Suso Garrido "soña coa final" e destaca que o Ensino "normaliza o día a día"
O Ensino xa se clasificou matematicamente para o play off da liga despois de gañar brillantemente ao Valencia Basket
A falta dunha xornada, o Ensino xa se clasificou matematicamente para o play off da liga despois de gañar brillantemente ao Valencia Basket, vixente campión da Copa, no Roig Area de Valencia (62-70).
"Soñamos con poder chegar á final".
Comanda a nave ou ourensán Suso Garrido, un adestrador con rigor táctico, xestión de grupo, intervencionista nos partidose con man esquerda. O Ensino é sexto clasificado e xogará a última xornada da liga regular o sábado 25 de abril contra o Estudantes no Pazo dos Deportes de Lugo.
"As cousas non chegan por un momento de inspiración. Desde a pretempada o equipo traballa moi ben e normalizamos o día a día".
O traballo de Garrido no banco do Ensino non pasou desapercibido e foi proposto a mellor adestrador da tempada na competición, xunto a Carlos Cantero (Zaragoza), Rubén Burgos (Valencia) e Javier Fort (Leganés).