Publicador de contidos

Publicador de contidos

O CRAT quere gozar da final de Copa tras unha tempada "que non foi doada"

O CRAT quere gozar da final de Copa tras unha tempada "que non foi doada"

Xogará o sábado ante o Majadahonda no estadio de Butarque, en Leganés

G24.gal 28/04/2026 13:58 Última actualización 28/04/2026 14:18

​​​​​​O CRAT Coruña e Silicius Majadahonda disputarán a final da Copa da Raíña o 2 de maio no estadio de Butarque tras unhas semifinais en que reinaron as sorpresas. A principal, a derrota do gran favorito. O Salvador, que chegaba invicto en todas as competicións, foi superado por un Rialta CRAT contundente e sen complexos (42-32), nun partido aberto, de ritmo alto e con alternativas constantes.

As galegas golpearon primeiro e mellor, construíndo a súa vantaxe cun rugby dinámico e efectivo, especialmente na primeira metade, cando encadearon varios ensaios que marcaron o rumbo do encontro.

O conxunto coruñés, que con moitos problemas de lesións e vivindo un cambio xeracional coqueteou co descenso ao longo da liga, na que chegou a ser último, non só salvou a categoría nas últimas xornadas senón que se clasificou para o playoff polo título, onde de novo agarda O Salvador.

"Imos con moita ilusión e ganas porque a tempada non foi doada. Imos gozar deste premio", di a capitá, Mariana.

Antes, a final do sábado ante o Majadahonda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar