Publicador de contidos

Publicador de contidos

O CRAT cae con claridade na súa visita ao Salvador (20-5)

O CRAT cae con claridade na súa visita ao Salvador (20-5)

As galegas non conseguen certificar o pase directo ás semifinais

G24.gal 02/03/2024 18:05

O CRAT sufriu un duro revés na súa visita ao Salvador por 20 a 5, nun partido marcado polo gran número de golpes de castigo. 

As coruñesas tiñan a opción de afastarse do terceiro clasificado e amarrar a segunda posición, o que faría posible que avanzase directamente ás semifinais na loita polo título. As locais, pola súa parte, recortan diferenzas e sitúanse a 4 puntos na táboa, ameazando a posición privilexiada do conxunto herculino. 

En dúas semanas, o Silicius Majadahonda visitará terras galegas, polo que o CRAT volverá a ter a oportunidade de seguir sumando para poder evitar os cuartos de final, de cara ao camiño polo campionato.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos