Un CRAT en construción quere pelexar polo título
O CRAT feminino competirá na máxima categoría nacional de rugby
"Este equipo pode chegar moi lonxe este ano¨
O CRAT sénior feminino representará o rugby galego de novo na máxima categoría a nivel nacional. A temporada comezou cunha vitoria para o conxunto da cidade herculina, 21-26, ante o Sant Cugat. A vindeira cita será o domingo 19 en Madrid ante o Olímpico.
As novas incorporacións completan un cadro de xogadoras que aínda está en construción, pero que, segundo a capitá, Mariana Romero, "pode chegar moi lonxe este ano". Á parte das fichaxes, o club herculino tamén conta con presenza da canteira no primeiro equipo, como, por exemplo, a de Sara: "Tanto para min como para as demais nenas que vimos de abaixo, é incrible ter a oportunidade de poder xogar na primeira liga".
A maior materia endente que falta no rugby galego é a evolución das categorías inferiores. Así o explica Mariana: "Cústanos sacar nenas. Intentamos por todos os medios facer un proxecto, pero si que se nos complican as fichas no rugby galego".