Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Martín de la Puente quere redondear un 2025 máxico
Leva gañados tres títulos en torneos individuais de tenis en cadeira de rodas e acaba de impoñerse no torneo de dobres de Wimbledon
                            G24.gal
                        
                            01/08/2025 15:44
                        
                        
                        
                        
                    
                    O 2025 está sendo un ano moi especial para Martín de la Puente. Número 3 do mundo, 3 títulos en torneos individuais e, sobre todo, o ano en que conquistou Wimbledon, a pista que o inspirou de neno. Tras uns días de descanso retomará a competición no Aberto dos Estados Unidos, onde gañou o seu primeiro Grand Slam, tamén en dobres. O obxectivo de Martín é seguir mellorando a nivel individual. Feliz e esixente, Martín competirá por seguir facendo historia.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
            
                 
            
                 
            
                