Publicador de contidos

Publicador de contidos

Martín de la Puente chega a Galicia "contento" polo subcampionato en Australia

Martín de la Puente chega a Galicia "contento" polo subcampionato en Australia

O tenista perdeu en tres sets ante o xaponés Oda 

Recoñece que é duro perder unha final e ao tempo especial

Segunda final dun torneo de Grand Slam que se lle escapa 

G24.gal 01/02/2026 20:41 Última actualización 01/02/2026 21:01

Martín de la Puente xa está en Galicia. Logo de acadar un histórico subcampionato no Open de Australia, o tenista galego vai estar uns días de descanso en Vigo, na casa.

Na tarde deste domingo chegou ao aeroporto da Lavacolla, na compaña do seu adestrador, Roberto. No aeroporto agardábao seu pai, o seu can Brownie e a familia de Roberto. Tín repartiu un feixe de apertas con eles e unha morea de bicos co can. "Fíxome mellor recibimento que meu pai", bromeaba.

O tenista falounos das súas sensacións. Do "duro" que é perder unha final, pero ao tempo o "especial" que é estar aí. Ao cabo "estou contento", resumiu Martín.

Esta foi a segunda final dun Grand Slam para el en individuais trala de Wimbledon en 2024. A vitoria segue a resistírselle, pero o galego asegurou que estas experiencias "fan que pouco a pouco esteas máis preparado para este tipo de partidos". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade