Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo reclama aos árbitros "consistencia, equilibrio e máxima esixencia técnica"

O Deportivo reclama aos árbitros "consistencia, equilibrio e máxima esixencia técnica"

O Deportivo da Coruña decidiu dar un paso á fronte e manifestar publicamente o seu malestar polas arbitraxes 

G24.gal 28/04/2026 13:13 Última actualización 28/04/2026 13:21

A través do seu boletín institucional, o club galego mostrou a súa "preocupación pola reiteración de decisións arbitrais de alto impacto" e pola aplicación de criterios "non homoxéneos" en accións similares.

A entidade branca e azul considera que o contexto actual esixe unha reflexión máis profunda.

"É necesario avanzar en mecanismos que reforcen a coherencia na toma de decisións e acheguen maior certeza ao desenvolvemento competitivo", sinala o club no seu comunicado.

O posicionamento do Deportivo chega tras varias semanas de malestar e nun contexto marcado por decisións polémicas na categoría, como a vivida recentemente na súa visita ao Plantío. A pesar de iso, o club subliña que a súa intención non é cuestionar o labor arbitral, senón reclamar maior uniformidade nos criterios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade