Jutglà: "Estou nun dos meus mellores momentos desde que estou no Celta"
O atacante suma oito goles coa camiseta celeste, sete en Liga e outro na liga Europa
O dianteiro Ferran Jutglà afirmou que, tras superar un problema privado no principio do ano, agora atópase “nun dos mellores momentos” desde que asinou polo Celta o pasado verán.
“Estou feliz e moi a gusto co equipo. De momento, todo está a ir de cara, veño adestrar con moita ilusión para achegar o meu granito de area ao equipo”, indicou o exfutbolista do Bruxas.
O atacante, que este curso xa suma oito goles coa camiseta celeste -sete en Liga e outro na liga Europa- apuntou ao “bo ambiente” que hai no vestiario como unha das claves do gran rendemento que está a ofrecer o conxunto dirixido por Claudio Giráldez.
“Dá gusto estar nun vestiario como este. Vimos duns paus moi fodidos porque nestas últimas semanas non nos están saíndo as cousas, pero hai que ir a matar nestas últimas xornadas para volver celebrar unha clasificación para Europa. Nós ímonos a deixar a pel para conseguilo”, manifestou.