Morre Moncho Monsalve, lenda do baloncesto español
Adestrou o Clesa Ferrol 85-86, e nesa etapa destacan os éxitos do equipo e tamén os enfrontamentos con Juan Fernández
Con el no banco chegou Anicet Lavodrama
Este martes faleceu aos 81 anos Moncho Monsalve, histórico xogador e adestrador que entrou no Hall of Fame do baloncesto español na edición de 2024. Vestiu a camiseta da selección en 61 ocasións, brillou como adestrador tanto en clubs como en seleccións internacionais e entrou no Hall of Fame na edición de 2024.
Moncho Monsalve era un histórico do baloncesto español e un pioneiro do noso deporte. Moncho Monsalve foi un dos primeiros ‘homes altos’ do baloncesto español. Nado en Medina del Campo en 1945, xogou no Real Madrid onde conquistou tres ligas, tres copas e tres Copas de Europa. Coa selección disputou 61 partidos, incluíndo os Europeos de Polonia 1963, URSS 1965 e Finlandia 1967, o Mundial de Chile 1966 e os Xogos Mediterráneos de 1963 e 1967.
Como adestrador dirixiu varios equipos da ACB, desde o F. C. Barcelona ao Cantabria Lobos, pasando polo C. B. Zaragoza, o C. B. Murcia, ou OAR Ferrol, e con el no banco chegou Anicet Lavodrama
Tamén dirixiu as seleccións de Marrocos, República Dominicana e Brasil, co que conseguiu o Ouro do Torneo das Américas. En 2024 ingresou no Hall of Fame do baloncesto español, no apartado de adestradores na súa cuarta edición.