Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido en Pontedeume con máis de 200 gramos de cocaína e haxix

Detido en Pontedeume con máis de 200 gramos de cocaína e haxix

A Garda Civil tamén interveu dúas básculas de precisión e 400 euros en efectivo 

Garda Civil Garda Civil
G24.gal 10/06/2026 09:17 Última actualización 10/06/2026 10:14

A Garda Civil detivo un veciño de Ponedeume como presunto autor dun delito contra a saúde pública tras intervir 129 gramos de cocaína e 107 gramos de haxix nun operativo desenvolvido na localidade. 

A actuación iniciouse durante un control preventivo de seguridade cidadá. Os axentes detectaron que o sospeitoso atopábase cun alto estado de nerviosismo e, tras rexistar o vehículo, localizaron 110 gramos dunha substancia que supostamente era cocaína

Posteriormente, no rexistro do domicilio atoparon varias bolsas coa mesma substancia, dez pezas de haxix, unha tableta de 102 gramos da mesma droga, dúas básculas de precisión e 400 euros en metálico. 

O detido foi posto a disposición do xulgado de garda de Betanzos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade