Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desarticulado un punto de venda de droga en Ourense co ingreso en prisión dun veciño do Couto

Desarticulado un punto de venda de droga en Ourense co ingreso en prisión dun veciño do Couto

A Policía informa de que a investigación da operación Laundry se iniciou o pasado mes de xuño

Levouse a cabo un rexistro na vivenda, en que se comisaron 500 gramos de cocaína, máis de 8 quilos de haxix, uns 70.000 euros en efectivo, dous vehículos de alta gama e outros efectos relacionados coa distribución e a pesada de drogas, como básculas de precisión

Policía Nacional Policía Nacional
G24.gal 16/09/2026 12:53

A Policía Nacional desarticulou un punto de venda de droga na cidade de Ourense coa detención dun veciño do barrio do Couto. O xulgado decretou o seu ingreso en prisión.

Nun comunicado, a Policía informa de que a investigación da operación Laundry se iniciou o pasado mes de xuño, froito dun dispositivo específico para a detección e desarticulación de puntos negros de venda de estupefacientes na cidade, así como da información obtida sobre tráfico de drogas nunha rúa do barrio do Couto.

Este individuo vendía a pequena escala drogas como cocaína e haxix. O agora detido quedaba cos compradores, unhas veces nas proximidades do seu domicilio e outras desprazándose en vehículo a diversos lugares da cidade.

O operativo policial de detención tivo lugar o pasado 14 de setembro por un suposto delito contra a saúde pública. Levouse a cabo un rexistro na vivenda do home, onde se comisaron 500 gramos de cocaína, máis de 8 quilos de haxix, uns 70.000 euros en diñeiro en efectivo, dous vehículos de alta gama e outros efectos relacionados coa distribución e a pesada de drogas como básculas de precisión.

Tras realizar as dilixencias oportunas o detido foi posto ao dispor do Tribunal Instancia Sección de Instrución Praza número 1 de Ourense, que decretou o seu ingreso en prisión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade