Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aumentan os casos de covid en Galicia, especiamente na área de Vigo

Aumentan os casos de covid en Galicia, especiamente na área de Vigo

A area sanitaria de Vigo é a que rexistra maior número de ingresos hospitalarios 

As consultas por esta enfermidade aumentaron máis dun 65 % 

A venda de tests de antíxenos incrementouse máis dun 96 % dunha semana para outra
​​​​

G24.gal 16/09/2026 10:54

A venda de tests de antíxenos aumentou máis dun 96 % dunha semana para outra nas farmacias galegas. Así o explica Ana María Muñoz Diz-Lois,  responsable de FarmaCelta en Vigo: "Nas últimas dúas semanas notamos que a xente demanda máis os test de covid e gripe. Non sei se é porque comezaron os colexios, xuntámonos máis..., pero hai unha repunta na venda de test".

É un dos indicadores que emprega saúde pública para coñecer a evolución da covid. "A xente vense queixando, tomando algún tipo de anlaxésicos. Vai tomando precaucións, increméntase algo a venda de máscaras. É unha doenza que xa temos costume de lidar con ela", explica Xosé Vázquez, responsable de Farmateis en Vigo.

As consultas aumentaron tamén un 65 %. A de Vigo é a área sanitaria de Galicia con maior número de ingresos hospitalarios por covid. Son case 5 ingresos por cada 100.000 habitantes, máis do dobre que a semana anterior e case tres veces máis que a media de Galicia. A maioría dos ingresados son persoas vulnerables de máis de 80 anos, pero tamén destacan os menores de 4 anos.

Con todo, os expertos insisten en que non hai motivo de alarma, que se trata xa dun virus coñecido e frecuente e que o aumento se debe a que o nivel anterior era moi baixo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade